viernes, 13 de enero de 2017

"O día que os craións voltaron a casa", de Drew Daywalt y Oliver Jeffers


Empezamos o ano cun libro moi divertido "O día que os craións voltaron a casa", de Drew Daywalt e Oliver Jeffers, editado por Fondo de Cultura Económico.

Os craións que Duncan perdera, olvidado nalgún lugar durante as vacacións, abandonado no patio á calor do sol, tirado ao chan ao alcance do seu can ou que deixara no seu peto e terminaron na lavadora, escríbenlle cartas para esixirlle que os rescate dos apuros nos que se atopan.



Duncan ponse triste por abandonalos e de inmediato ponse ao choio para recuperalos a todos e compensar o tempo perdido.


Esperamos vervos a todos na nosa próxima sesion!

Ata entón ...felices lecturas!




jueves, 12 de enero de 2017

Decembro: Xogando cos contos

  
En decembro lemos un divertido libro de Miguelanxo Prado e David Aceituno: "O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba", editado polo Patito Editorial.


E, como o conto xoga cos clásicos, aproveitamos para sacar a nosa caixa máxica....e xogamos a adiviñar de que conto saíra cada obxecto que atoparon dentro...



Algúns obxectos lles llamarón a atención máis que outros ...Esta vez foron as "paparruchas" de conto de nadal e a chave de Barba Azul o que lles encantou ...e lanzáronse a debuxalo! Aquí deixámosvos algunhas mostras dos nosos artistas...






Esta vez, mentres que os nenos traballaban, seguimos lendo algúns dos contos de sempre, da selección de contos que nos prepararon as mozas dá Biblioteca de Monte Alto. E como nos encantou volver aos contos clásicos deixámosvos aquí os contos que xogan con eles que máis nos gustaron, por se vos apetece ir buscalos á vosa biblioteca máis próxima.





- "Alicia y el país de maravillas", de Ángel Burgas y Ignasi Blanch - Ed.La Galera
- "Moito conto", de Enrique Páez y Marjorie Pourchet - E.OQO
- "El cuento del lobo", Helena Kraljic y Anna Laura Cantone - Ed.Picarona
- "Cuentos en verso para niños perversos", de Roald Dahl y Quentin Blake - Ed.Alfaguara
- "El asunto de mis papas", de Mabel Piérola y Caperucita Roja - Ed.Destino
- "Blancanieves", por Josephine Poole y Angela Barret  - Ed.Kokinos
- "O soldadiño de Chumbo", adaptación de Xavier Senín a partir del cortometraje de Virginia Curiá e Tomás Conde - Ed.Galaxia
- "Noticias EncantHadas", Colin y Jacqui Hawkings - Ediciones B
- "Los tres lobitos y el Cochino feroz", de Eugene Trivizas y Helen Oxenbury - Ediciones Ekaré
- "La niña de rojo", de Roberto Innocenti

En breve publicaremos a nosa suxestión para xaneiro...ata entón felices lecturas!

domingo, 11 de diciembre de 2016

"O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba", de Miguelanxo Prado e David Aceituno


Dedicamos a sesión de decembro a un libro ilustrado por Miguelanxo Prado , con textos de David Aceituno e editado polo Patito Editorial.


"O dragón sentiu un formigo no fociño, pechou as palpebras, colleu aire coma se fose a sobrar as candeas dunha torta de aniversario e... ACHÍSSSS! E tan forte foi o seu esbirro que o dragon espeluxou a princesa, arrincou os pétalos da flor, tropezou co cabaleiro e, dando un gran pinchacarneiro... saíu daquel libro aberto sen dicir nin abur."
 

Ao noso dragón protagonista ocórrelle algo asombroso: cada vez que estornuda cambia de conto. De estornudo en estornudo iremos visitando a personaxes de contos que todos coñecemos... aínda que non da forma que os coñecemos
Aproveitaremos esta lectura para xogar cos contos clásicos. Para iso volveremos utilizar a nosa "caixa magica", coa que xa se divertiron outras veces!



Esperamos vervos a todos na nosa próxima sesion!

Ata entón ...felices lecturas!

martes, 29 de noviembre de 2016

Novembro: Construíndo palabras



A sesión de novembro dedicámola a "A gran fábrica de palabras", un álbum de Agnès de Lestrade, ilustrado por Valeria Docampo e editado por Editorial Tramuntana, que nos fala dun lugar moi especial, da maxia das palabras.. e nos conta unha bela historia de amor.

Os nenos tentaron imaxinar como llas apañarían se non puidesen usar as palabras, e xurdiron moitas ideas e discusións ...es difícil de imaxinar ..verdade? 


A actividade que tiñamos preparada deu pé a que todos buscasen palabras para construír ...palabras útiles, inútiles, bonitas, e mesmo feas!



Despois de xogar co alfabeto e traballar nos seus cadernos, aínda quedou tempo para gozar un intre dos libros seleccionados pola biblioteca de Monte Alto ...grazas mozas!




En breve publicaremos a nosa suxestión para decembro ...ata entón felices lecturas!

domingo, 30 de octubre de 2016

"A gran fábrica de palabras", de Agnès de Lestrade e Valeria Docampo


A sesión de novembro dedicámoslla a un álbum de Agnès de Lestrade, ilustrado por Valeria Docampo e editado por Editorial Tramuntana, que nos fala dun lugar moi especial, da maxia das palabras.. e no conta unha bela historia de amor.


Existe un país onde a xente case non fala. Nese estraño país, hai que comprar e tragar as palabras para poder pronuncialas.

 

Xavier necesita palabras para abrir o seu corazón á fermosa Neves.  Pero cales pode elixir?

 

Porque, para dicir o que quere dicir a Neves, necesítase unha fortuna! Non se pode equivocar...     




jueves, 27 de octubre de 2016

OCTUBRE: NENOS QUE COMEN LIBROS


Iniciamos o club de Primeiros lectores cun libro moi divertido, e moi apropiado, sobre un neno que come libros.



Este ano deixamos os carnés, e estreamos club cunhas chapas, que os nenos deseñaron, para que sexan a súa insignia do club. Estas son algunhas delas ...



Por últimos tivemos un intre para poder gozar dos libros que, como sempre, nos presta a bliblioteca de Monte Alto. Moitas grazas!


En breve publicaremos a nosa suxestión de lectura para o mes de novembro. Esperamos vervos alí!
Ata entón ...felices lecturas!





viernes, 7 de octubre de 2016

"o incrible neno comelibros", de Oliver Jeffers



Iniciamos o ano cun libro moi divertido dun autor que nos encanta: "O incrible neno comelibros", de Oliver Jeffers. Un libro editado por Fondo de Cultura Económica



A Henrique encantábanlle os libros. Pero non como a ti e a min. Para nada... a el gustáballe comelos!

 

Esta é a historia de Henrique, un neno ao que lle encantan os libros, pero non como a calquera neno poden gustarlle. Un día, mentres tiña nunha man unha paleta e na outra un libro, Henrique, distraídamente, probou o libro. Notou que lle gustaba, e aínda que tiña as súas dúbidas decidiu comer primeiro unha palabra, daquela unha oración e, despois, unha páxina, logo dun par de días comeu un libro enteiro. Inexplicablemente o coñecemento que contiñan os libros chegaba ao cerebro de Henrique, e pensou que con isto en pouco tempo podería ser a persoa máis lista do mundo, pero de súpeto todo empezou a complicarse...