:como funciona:


É moi sinxelo, como vos adiantamos antes, cada mes publicaremos neste blog as nosa proposta de lectura. O terceiro sábado de cada mes reunímonos durante unha hora para facer unha lectura do libro e para facer actividades relacionadas co libro suxerido.

A asistencia ás reunións é libre, voluntaria e gratuíta, excepto a achega inicial de 8 €, que se inviste no material básico: a chapa de socio, un caderno para facer o diario de lectura, se vos apetece, e material de debuxo que atoparedes no local, e no material que usaremos nas actividades.

Antes das 12.30 do sábado que se celebre a sesión teredes que preinscribirvos por orde de chegada porque a capacidade da sala é limitada. Podedes vir ás 12.10, que é cando chegamos nós, inscribirvos, ir dar unha volta e volver ás 12.30, non tedes por que esperar alí unha vez esteades inscritos.

Se che resulta atractivo e apetéceche asistir copia e pega as seguintes preguntas e faiche socio do Club na seguinte dirección: clubdelecturamontel@gmail.com ------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Nome do neno: 
Data de nacemento: 
 Nome do pai/nai/titor: 
E-mail de contacto: 
Teléfono de contacto: 

Sodes socios dalgunha biblioteca? De cal? 
Cal foron os seus libros preferidos este ano? 
Cales son os seus temas preferidos de lectura? ------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nota: Nos cursos seguintes os que xa estades inscritos previamente deberedes enviar un mail, ao principio de cada curso, confirmando que desexades renovar a subscrición e indicando se hai algún cambio nos datos que nos facilitastedes previamente.

Durante o desenvolvemento das sesións, ademais de ler os libros do mes, charlar e facer actividades relacionadas cos mesmos, teremos acompañamento musical, para amenizar algúns momentos da reunión.

E, claro, deberemos respectar as normas de convivencia habituais, manter unha actitude de respecto para con nós mesmos e os nosos compañeiros.