viernes, 3 de marzo de 2017

Febrero: árbores, follas, pegadas..


Os libros “O Grufalo” e “A filla do Grufalo” serviron para aprender cousas sobre as fragas nas que
transcorren as aventuras do astuto ratiño e dos entrañables Grúfalo e as especies animais e
vexetais que alí viven.

Ademais do raposo o bufo e a serpe que aparecen nos contos, coñecimos a outros habitantes das fragas e as árbores que lles serven de fogar e agocho.



Para isto iniciamos un caderno de campo no que pegamos follas de arbores típicas das fragas coma o carballo, castiñeiro ou acibro.




Tamén tivemos tempo para ojear algúns dos libros que trouxemos, ademáis da selección das bibliotecarias de Monte Alto, da que vos deixamos a listaxe..


Mi mundo. El bosque editado por SM
Mi mundo. La montaña editado por SM
Tu pequeña enciclopedia VOX. El bosque editado por Larousse
Mi primer libro de la naturaleza editado por Molino
Descubre mundos ocultos editado por Cálamo & Cran
Aprende a ser un buen naturalista editado por Parramón
Abre los ojos. Bosques editado por Pearson Alhambra



Agardámosvos na nostra proxima sesión. Ata entón...felices lecturas!