domingo, 29 de enero de 2017

Xaneiro: Craións perdidos, craións viaxeiros, craións accidentados.


Oliver Jeffers sempre é éxito seguro, o temos comprobado con anterioridade. Esta segunda aventura dos craións fixo saltar as risas dos nosos lectores cando comprobaron as reaccións e vivencias dalgúns dos carións que Duncan deixou abandonados pola casa adiante a incluso tamén na casa onde pasou as vacacións.


Pouco tempo houbo para realizar o debuxo habitual pois nesta ocasión os rapaces puxéronse a diseñar as súas propias tarxetas postais e escribir un pequeno texto para enviar aos remitentes que eles escollesen: un curmá-mellor amigo, unha avoa que está lonxe, un pai, un compañeiro de escola...



Pegaron o selo en candansúa postal e a última parte do ciclo: escribir o enderezo e atopar un buzón amarelo de Correos, deixámolo nas mans dos pais dos pequenos.


Escoitamos, nesta ocasión, mentres realizaban as súas postais, o álbum Grace do músico californiano Jeff Buckley.

Como película nesta ocasión queremos recomendarvos Up da productora Pixar Animation porque ainda que non podemos relacionar directamente a temática, sí podemos ver nela tamén a grande dose de aventuras, as cores maravillosas dos globos, o humor, e por suposto a viaxe de ida e retorno dos seus protagonistas.


Salvo a suxerencia de El día en que los crayones renunciaron, o libro que precedeu ao que nos atende esta sesión, nesta ocasión as suxerencias, das nosas bibliotecarias de Monte Alto non están relacionadas co tema da sesión mais como podedes comprobar é unha selección moi interesante e diversa. Agardamos que vos gusten.

Berni de Mira Lobe
Dídola, pídola, pon de Maurice Sendak
El fantasma de Palacio de Mira Lobe y Susi Weigel
Guillermo y el Miedo de Christine Nöstlinger
Las lavanderas Locas de John Yeoman y Quentin Blake
Mini Detective de Christine Nöstlinger
Pablo Diablo de Francesca Simon y Tony Ross
Pimpín e dona Gata de Fina Casaderrey
Sabeliña e os ratos de Paco Martín
Tragasueños de Michael Ende
Unha chea de familias de Xosé A. Neira Cruz e Rodrigo Chao
¿Quién Ayuda en casa? de Ricardo Alcántara y Gusti

Tamén trouxemos outras dúas obras de Oliver Jeffers que sempre é ben recibido polos nosos rapaces:
 El misterioso caso del oso
Atrapados

Próximamente publicaremos a nosa elección para a próxima sesión de febreiro, ata entón,
felices lecturas!