Oliver Jeffers sempre é éxito seguro, o temos comprobado con anterioridade. Esta segunda aventura dos craións fixo saltar as risas dos nosos lectores cando comprobaron as reaccións e vivencias dalgúns dos carións que Duncan deixou abandonados pola casa adiante a incluso tamén na casa onde pasou as vacacións.
Pouco tempo houbo para realizar o debuxo habitual pois nesta ocasión os rapaces puxéronse a diseñar as súas propias tarxetas postais e escribir un pequeno texto para enviar aos remitentes que eles escollesen: un curmá-mellor amigo, unha avoa que está lonxe, un pai, un compañeiro de escola...
Pegaron o selo en candansúa postal e a última parte do ciclo: escribir o enderezo e atopar un buzón amarelo de Correos, deixámolo nas mans dos pais dos pequenos.
Como película nesta ocasión queremos recomendarvos Up da productora Pixar Animation porque ainda que non podemos relacionar directamente a temática, sí podemos ver nela tamén a grande dose de aventuras, as cores maravillosas dos globos, o humor, e por suposto a viaxe de ida e retorno dos seus protagonistas.
Salvo a suxerencia de El día en que los crayones renunciaron, o libro que precedeu ao que nos atende esta sesión, nesta ocasión as suxerencias, das nosas bibliotecarias de Monte Alto non están relacionadas co tema da sesión mais como podedes comprobar é unha selección moi interesante e diversa. Agardamos que vos gusten.
Berni de Mira Lobe
Dídola, pídola, pon de Maurice Sendak
El fantasma de Palacio de Mira Lobe y Susi Weigel
Guillermo y el Miedo de Christine Nöstlinger
Las lavanderas Locas de John Yeoman y Quentin Blake
Mini Detective de Christine Nöstlinger
Pablo Diablo de Francesca Simon y Tony Ross
Pimpín e dona Gata de Fina Casaderrey
Sabeliña e os ratos de Paco Martín
Tragasueños de Michael Ende
Unha chea de familias de Xosé A. Neira Cruz e Rodrigo Chao
¿Quién Ayuda en casa? de Ricardo Alcántara y Gusti
Tamén trouxemos outras dúas obras de Oliver Jeffers que sempre é ben recibido polos nosos rapaces:
El misterioso caso del oso
Atrapados
Próximamente publicaremos a nosa elección para a próxima sesión de febreiro, ata entón,
felices lecturas!