viernes, 7 de octubre de 2016

"o incrible neno comelibros", de Oliver Jeffers



Iniciamos o ano cun libro moi divertido dun autor que nos encanta: "O incrible neno comelibros", de Oliver Jeffers. Un libro editado por Fondo de Cultura Económica



A Henrique encantábanlle os libros. Pero non como a ti e a min. Para nada... a el gustáballe comelos!

 

Esta é a historia de Henrique, un neno ao que lle encantan os libros, pero non como a calquera neno poden gustarlle. Un día, mentres tiña nunha man unha paleta e na outra un libro, Henrique, distraídamente, probou o libro. Notou que lle gustaba, e aínda que tiña as súas dúbidas decidiu comer primeiro unha palabra, daquela unha oración e, despois, unha páxina, logo dun par de días comeu un libro enteiro. Inexplicablemente o coñecemento que contiñan os libros chegaba ao cerebro de Henrique, e pensou que con isto en pouco tempo podería ser a persoa máis lista do mundo, pero de súpeto todo empezou a complicarse...