domingo, 30 de octubre de 2016

"A gran fábrica de palabras", de Agnès de Lestrade e Valeria Docampo


A sesión de novembro dedicámoslla a un álbum de Agnès de Lestrade, ilustrado por Valeria Docampo e editado por Editorial Tramuntana, que nos fala dun lugar moi especial, da maxia das palabras.. e no conta unha bela historia de amor.


Existe un país onde a xente case non fala. Nese estraño país, hai que comprar e tragar as palabras para poder pronuncialas.

 

Xavier necesita palabras para abrir o seu corazón á fermosa Neves.  Pero cales pode elixir?

 

Porque, para dicir o que quere dicir a Neves, necesítase unha fortuna! Non se pode equivocar...     




jueves, 27 de octubre de 2016

OCTUBRE: NENOS QUE COMEN LIBROS


Iniciamos o club de Primeiros lectores cun libro moi divertido, e moi apropiado, sobre un neno que come libros.



Este ano deixamos os carnés, e estreamos club cunhas chapas, que os nenos deseñaron, para que sexan a súa insignia do club. Estas son algunhas delas ...



Por últimos tivemos un intre para poder gozar dos libros que, como sempre, nos presta a bliblioteca de Monte Alto. Moitas grazas!


En breve publicaremos a nosa suxestión de lectura para o mes de novembro. Esperamos vervos alí!
Ata entón ...felices lecturas!





viernes, 7 de octubre de 2016

"o incrible neno comelibros", de Oliver Jeffers



Iniciamos o ano cun libro moi divertido dun autor que nos encanta: "O incrible neno comelibros", de Oliver Jeffers. Un libro editado por Fondo de Cultura Económica



A Henrique encantábanlle os libros. Pero non como a ti e a min. Para nada... a el gustáballe comelos!

 

Esta é a historia de Henrique, un neno ao que lle encantan os libros, pero non como a calquera neno poden gustarlle. Un día, mentres tiña nunha man unha paleta e na outra un libro, Henrique, distraídamente, probou o libro. Notou que lle gustaba, e aínda que tiña as súas dúbidas decidiu comer primeiro unha palabra, daquela unha oración e, despois, unha páxina, logo dun par de días comeu un libro enteiro. Inexplicablemente o coñecemento que contiñan os libros chegaba ao cerebro de Henrique, e pensou que con isto en pouco tempo podería ser a persoa máis lista do mundo, pero de súpeto todo empezou a complicarse...